Plataforma para a defensa da Ría do Burgo http://riadoburgo.blogaliza.org RECUPEREMOS A RÍA DO BURGO !! Tue, 12 Mar 2013 08:55:08 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 A Xunta e o Goberno español confirman a nula vontade para resolver a situación da Ría do Burgo http://riadoburgo.blogaliza.org/2013/03/04/a-xunta-e-o-goberno-espanol-confirman-a-nula-vontade-para-resolver-a-situacion-da-ria-do-burgo/ Mon, 04 Mar 2013 08:53:23 +0000 http://riadoburgo.blogaliza.org/?p=299 A ausencia de representación da Xunta, o Goberno español e o Concello da Coruña na reunión convocada pola Plataforma e a Confraría de Pescadores da Coruña volve pór de manifesto a nula vontade que estas tres administracións teñen de cara a buscar unha solución ao grave estado de contaminación e deterioro que padece a Ría do Burgo.

A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo e a Confraría convocaron a todas as administracións implicadas a esta xuntanza, co obxectivo de avanzar no entendemento entre todas as partes responsábeis e comprobar con total transparencia que é unha realidade a posta en común, que se acorden calendarios para as actuacións, que se fixen prazos reais (a través do BOE e do DOG) do urxente Plano de Rexeneración da Ría, do seu dragado, tratamento, limpeza dos lodos e actuacións definitivas do saneamento integral da Ría.

Porén, á reunión, que apenas durou unha hora, só asistiron representantes dos concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo, que si asumiron as liñas de traballo da Plataforma e a necesidade de abrir un diálogo entre as partes e trasladaron o seu compromiso de dirixirse á Xunta de Galiza para solicitar que elabore un plan de rexeneración. Novamente, a Xunta e o Goberno español desenténdese da problemática da ría do Burgo, adiando o necesario e urxente plan de saneamento e negándose a fixar prazos concretos de actuacións.

A ausencia da Xunta de Galiza manifesta a negativa do Goberno galego a asumir a realidade da Ría, xa que continúan coa mentira de que a calidade das augas é “extraordinaria” e a depuración a adecuada. Unha postura moi afastada das conclusións feitas pola delegación  europea que o pasado mes visitou á ría do Burgo, alertando da necesidade de inaprazábeis actuacións para a retirada dos lodos da Ría e para a súa rexeneración e recuperación.

Por iso dende a Plataforma ínstase unha vez máis a Xunta a asumir a situación, porque canto antes se asimile antes se resolverá o problema.

 

]]>
Importante participación na II Xornada Reivindicativa de Limpeza da Ría http://riadoburgo.blogaliza.org/2013/02/05/importante-participacion-na-ii-xornada-reivindicativa-de-limpeza-da-ria/ Tue, 05 Feb 2013 18:30:39 +0000 http://riadoburgo.blogaliza.org/?p=288 A Ría do Burgo convertíase este domingo na protagonista dun novo acto de reivindicación cidadá para esixir das administracións implicadas unha solución urxente para a limpeza e  rexeneración da Ría do Burgo. A segunda Xornada Reivindicativa de Limpeza da Ría, organizada pola Plataforma en Defensa da Ría do Burgo, rexistrou unha importante asistencia.

As persoas participantes reuníronse arredor as once da mañá detrás do xardín botánico, onde recolleron os buzos brandos, as luvas e vasoiras. Posteriormente dividíronse en oito grupos e repasaron a zona de lodos e residuos.

Esta acción reivindicativa xa se realizara no ano 2009, e desta volta a Plataforma organizouna  como unha chamada de atención ante a visita que realizará á zona, a partir do día 13 de febreiro, unha Comisión do Parlamento Europeo, que tamén visitará as rías de Ferrol e Pontevedra.

           

Galería de imaxes da xornada

]]>
II Xornada reivindicativa de limpeza, o domingo 3 de febreiro http://riadoburgo.blogaliza.org/2013/01/14/ii-xornada-reivindicativa-de-limpeza-o-domingo-3-de-febreiro/ Mon, 14 Jan 2013 09:11:45 +0000 http://riadoburgo.blogaliza.org/?p=281 Participa na II Xornada reivindicativa de limpeza da ría do Burgo, que terá lugar o próximo domingo 3 de febreiro. A acción comezará sobre as 11:00 horas e o punto de encontro será no Paseo Marítimo (detrás do Xardín Botánico).

Para participar só tes que enviar un correo electrónico cos teus datos á plataformadefensariaburgo@gmail.com.

 

]]>
A Plataforma recibe o premio Osíxeno de Adega á mellor actitude ambiental http://riadoburgo.blogaliza.org/2013/01/09/a-plataforma-recibe-o-premio-osixeno-de-adega-a-mellor-actitude-ambiental/ Wed, 09 Jan 2013 17:50:43 +0000 http://riadoburgo.blogaliza.org/?p=277 As actuacións levadas a cabo pola Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo nos últimos tempos foron merecedoras do Premio Osíxeno 2012 (na categoría colectivo), que entrega cada ano Adega á mellor actuación/actitude ambiental.

Grazas á Adega por este premio que é un recoñecemento á loita desta Plataforma por conseguir unha ría do Burgo saneada, rexenerada e produtiva, e que tamén supón un impulso para continuar reclamando de todas as administracións implicadas unha solución definitiva á gravísima situación da nosa ría.

]]>
O Goberno de Rajoy minte ao aprazar, unha vez máis, as actuacións para a recuperación e rexeneración da Ría do Burgo http://riadoburgo.blogaliza.org/2012/10/01/o-goberno-de-rajoy-minte-ao-aprazar-unha-vez-mais-as-actuacions-para-a-recuperacion-e-rexeneracion-da-ria-do-burgo/ Mon, 01 Oct 2012 17:45:18 +0000 http://riadoburgo.blogaliza.org/?p=273 A Coruña, 1 de outubro. 2012: –A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo considera un acto de desprezo e unha total falta de responsabilidade por parte do PP que nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013 continúe sen rexistrarse nin unha soa partida destinada á recuperación e rexeneración da ría do Burgo.

As contas presentadas polo Goberno de Mariano Rajoy reflicten as continúas mentiras do PP, no relativo aos anuncios de actuacións previstas para a limpeza e recuperación desta zona. Cómpre lembrar que no escrito remitido pola Secretaría de Presidencia a esta Plataforma, asegurábase que o Executivo estatal ten previsión de iniciar “no presente exercicio” a redacción do proxecto de dragado, xestión e tratamento de lodos. Porén, aínda que efectivamente se conclúa dito proxecto –que chegará con moitos anos de atraso- a súa posta en marcha -ao non haber nin sequera previsión orzamentaria- seguirase adiando no tempo, como mínimo até o ano 2014.

A decisión de destinar cero euros para a Ría do Burgo no ano 2013 confirma que todas as declaracións feitas pola Xunta de Galiza e o Goberno de Feijoo son falsas e puras mentiras. Así mesmo, constata o abandono e absoluto desprezo da Xunta e de Feijoo cara ás principais vítimas da grave contaminación existente na ría do Burgo: os colectivos de mariscadores e mariscadoras sumidos na miseria económica e cada día máis comidos polos lodos e o medre da improdutividade dos bancos marisqueiros.

Non deixa de ser paradoxal que a bandeira electoral coa que se viste o PP sexa a defensa e a creación de emprego, mentres deixa ben claro o seu total abandono e desinterese por garantir a continuidade da actividade laboral das ducias de mariscadores e mariscadoras que viven da ría; ignorando, ademais, todas as posibilidades para xerar emprego que ten a ría e as súas capacidades como motor de crecemento económico da comarca.

Resulta inxustificábel que, un ano máis, dende o goberno de Madrid se deixe sen asignar ningunha contía económica para acometer de xeito inmediato o prometido proxecto de dragado da ría; así como todas aquelas actuacións inaprazábeis para a recuperación integral deste espazo.

A falta de dotación orzamentaria reflicte tamén a incapacidade e incompetencia de Carlos Negreira, alcalde da Coruña e máximo responsábel do Partido Popular nesta provincia, que enche titulares de periódico anunciando proxectos e estudos para salvar á ría, pero que na realidade non é capaz de defender diante dos gobernos amigos os intereses dos seus veciños/as.

Fronte a este desprezo, a Plataforma continuará esixindo do Goberno que consigne partidas económicas ao obxecto de acordar un calendario de actuacións e fixar prazos reais -a través do BOE e o DOG- para o inicio do Plano de Rexeneración da Ría, así como o seu dragado, tratamento, limpeza de lodos e todas as accións para o seu saneamento integral.

]]>
Concentración para esixir do Goberno español que inclúa nos orzamentos para 2013 partidas económicas para a Ría do Burgo http://riadoburgo.blogaliza.org/2012/09/24/concentracion-para-esixir-do-goberno-espanol-que-inclua-nos-orzamentos-para-2013-partidas-economicas-para-a-ria-do-burgo/ Mon, 24 Sep 2012 14:38:52 +0000 http://riadoburgo.blogaliza.org/?p=266 A Coruña, 24 de setembro, 2012:- A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo entregou no rexistro da Delegación do Goberno o escrito en resposta á carta que recibiron do Gabinete da Presidencia de Mariano Rajoy. O colectivo reitera a urxente necesidade de actuacións para a zona, polo que solicitou ao Goberno español que inclúa nos orzamentos xerais do estado para 2013 unha partida económica que garanta a posta en marcha do plano de rexeneración e o dragado, tratamento e limpeza de lodos da ría.

Coincidindo coa entrega, o colectivo realizou unha concentración ás portas do edificio da Delegación do Goberno onde se volveron demandar que se poña en marcha, dunha vez, do proxecto de dragado da ría e que se fagan as achegas económicas necesarias nos Orzamentos Xerais do Estado. Do mesmo xeito, rexeitaron os novos estudos que se pretenden facer sobre a situación da ría por innecesarios. “O que sobran son estudos, o que urxe agora mesmo, para non poñer en perigo a continuidade da actividade marisqueira é que se poña rapidamente o proxecto de dragado en marcha”, destacaba o Patrón Maior da Confraría de Pescadores da Coruña, Manolo Cao.

A continuación reproducimos á integra o contido do escrito:

Nos pasados días recibimos a súa carta, agradecémoslle a súa consideración de atender á mesma, mais lamentamos non nos atenderan á petición que lle formulamos para a súa consideración con ocasión da tramitación dos Orzamentos do Estado 2012.

A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo leva anos reclamando unha solución para a nosa Ría, constatándose unha vez máis neste 2012 que as urxentes actuacións que se precisan  non existen ao non consignarse  nin unha soa partida orzamentaria para o saneamento e rexeneración da zona.

Os avances na recuperación medioambiental da zona foron escasos e os episodios de contaminación das augas repítense con demasiada frecuencia (recoñecidos pola mesma Administración Autonómica), sen que a Xunta de Galicia adopte máis medidas que a propaganda e grandes anuncios de actuacións que nunca se levan a cabo.

Por iso, sorpréndenos e mesmo nos indigna que a Xunta de Galicia teña o descaro de lles informar a vostedes de que  levou adiante diversas intervencións relacionadas co saneamento da  Ría; sen pararnos en darlle máis detalles relativos ao abandono e absoluto desprezo imposto pola Xunta de Galicia ás  principais vítimas da contaminación na Ría do Burgo: os colectivos de mariscadores e mariscadoras sumidos na miseria económica e cada día máis comidos polos lodos e o medre da improdutividade dos bancos marisqueiros da Ría.

A Plataforma en Defensa da Ría do Burgo e os veciños/as da comarca da Coruña levamos anos reivindicando solucións ante o grave deterioro da Ría do Burgo e das consecuencias negativas que ten no medio ambiente, na economía e no marisqueo.

Precisamente por iso, nun momento de crise económica como o actual, atender as necesidades da Ría do Burgo implica non só unha inaprazábel necesidade medioambiental, senón tamén unha aposta pola economía produtiva, polo  potencial da ría como motor da reactivación económica da comarca e pola súa capacidade xeradora de emprego.

O protocolo de colaboración entre o Ministerio, a Xunta e os Concellos da Ría é a proba  da inexplicábel lentitude na superación da  falta de entendemento entre as distintas administracións implicadas (Estado, Xunta e Concellos) e, á inexistente vontade por coordinar actuacións conxuntas, súmase a acumulación de estudos e proxectos para actuar na Ría cando o que cómpre son executar  urxentes medidas para o saneamento e recuperación da nosa Ría.

Polo exposto, SOLICITÁMOSLLE ao Goberno español  que para os próximos Orzamentos Xerais do Estado do  2013  dote unha partida económica ao obxecto de acordar un calendario de actuacións, fixar prazos reais -a través do BOE e o DOG- para o inicio do Plano de Rexeneración da Ría, así como o seu dragado, tratamento, limpeza de lodos e todas as accións para o seu saneamento integral.

]]>
A Plataforma esixe ao Goberno que fixe datas e dote de orzamentos ás actuacións para o saneamento da Ría do Burgo http://riadoburgo.blogaliza.org/2012/09/19/a-plataforma-esixe-ao-goberno-que-fixe-datas-e-dote-de-orzamentos-as-actuacions-para-o-saneamento-da-ria-do-burgo/ Wed, 19 Sep 2012 17:22:20 +0000 http://riadoburgo.blogaliza.org/?p=258 A Coruña, 19 de setembro,2012:- A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo compareceu en rolda de prensa para avaliar a actual situación da ría, días antes de que o Goberno español presente os Orzamentos Xerais do Estado e logo de ter recibido escrito dende a Presidencia do Goberno español, así como presentar o novo calendario de actividades previstas polo colectivo para denunciar a contaminación das augas e falta de accións por parte das administracións.

O patrón maior da Confraría da Coruña, Manolo Cao, o Presidente da Asociación de Veciños/as o Noso Burgo, Ramón Sixto, e o Secretario Comarcal da CIG da Coruña, Paulo Carril, aproveitaron a comparecencia para valorar a carta remitida pola presidencia do Goberno español en resposta ás alegacións presentadas pola Plataforma esixindo a inclusión de partidas orzamentarias destinadas á ría nos Orzamentos Xerais do estado deste ano.

Cao explicou que, no escrito, o Goberno estatal ten previsión de iniciar “no presente exercicio” a redacción do proxecto de dragado, xestión e tratamento de lodos, actuacións que asume de xeito integral, xa que á Xunta e aos concellos corresponderíanlle as accións para eliminar os verquidos.

Neste senso, o patrón maior criticou a lentitude coa que se aborda a conclusión e posta en marcha deste proxecto, así como a ausencia de prazos e dotación de partidas orzamentarias para unha actuación que cualificou de “imprescindíbel”. Por iso, dende a Plataforma volverán esixir que se estabelezan datas límite, así como que nos Orzamentos Xerais do Estado para 2013, que o goberno presentará a finais de mes, aparezan consignadas as contías precisas.

Así mesmo, segundo se recolle na carta, a Xunta informou ao Estado que xa tiña iniciado actuacións para a instalación do colector dos Templarios, os bombeos e acometidas fecais en varios puntos da ría e a mellora da estación do Temple. Neste senso, Paulo Carril censurou o “descaro” do Goberno galego ao informar que levou a cabo diversas intervencións relacionadas co saneamento da Ría, “cando as medidas adoptadas foron escasas e os episodios de novos vertidos se repiten con frecuencia”.

“O que non estamos dispostos a tolerar é que se volva falar dunha nova fase de estudos cando o que fai falla son actuacións urxentes”, aseverou. Sobre isto, lembrou que nas previsións dos orzamentos deste ano tampouco aparecía recollida ningunha dotación económica para a Ría do Burgo durante os anos 2013 e 2014 e que nin sequera as diferentes administracións son capaces de chegar a un entendemento.

Dende a Plataforma lamentouse a desidia para afrontar a problemática da ría cando, nun momento de crise económica como o actual, se converte non só nunha necesidade medioambiental, senón tamén nunha aposta polo potencial da ría como motor de creación de emprego e reactivación económica.

A Plataforma trasladará estas cuestións ao Executivo español nun escrito que entregará o vindeiro luns, 24 de setembro, na Delegación do Goberno.

A este respecto, Ramón Sixto, apuntou que o escrito remitido por Presidencia é unha oportunidade estupenda para demostrar o compromiso real do goberno coa recuperación e rexeneración da Ría, plasmado a través dos orzamentos xerais. “Non queremos pensar que esta carta chega por puro oportunismo electoral”, matizou.

Sixto adiantou que a Plataforma ten intención de seguir co seu calendario de actividades, e no mes de outubro organizarán unha regata co obxecto de remarcar o valor que ten a Ría como espazo de lecer. Así mesmo, a finais de novembro ou principios de decembro, está previsto realizar unha carreira popular á beira da ría.

]]>
A Plataforma entrega 1.064 sinaturas na Delegación do Goberno en demanda de orzamentos para o saneamento e a rexeneración da Ría do Burgo http://riadoburgo.blogaliza.org/2012/05/08/a-plataforma-entrega-1-064-sinaturas-na-delegacion-do-goberno-en-demanda-de-orzamentos-para-o-saneamento-e-a-rexeneracion-da-ria-do-burgo/ Tue, 08 May 2012 16:15:24 +0000 http://riadoburgo.blogaliza.org/?p=253 A Coruña, 8 de maio, 2012:- A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo fixo entrega este mediodía no Rexistro da Delegación do Goberno na Galiza das máis de 1.000 sinaturas recollidas en pouco máis de dúas semanas entre a veciñanza da Coruña e a súa comarca. Representantes do colectivo presentaron estas sinaturas a modo de alegacións-petición popular ao Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado e para esixir que estes inclúan partidas económicas destinadas ao saneamento e rexeneración integral da Ría.

Con motivo da entrega das sinaturas, a Plataforma desenvolveu unha concentración simbólica ás portas do edificio da Delegación para denunciar a “ofensa, o desprezo e o abandono” do Goberno español do PP que vén de atrasar, un ano máis, as urxentes actuacións que precisa a ría. Dende o colectivo demándase a aprobación inmediata dunha emenda nos Orzamentos Xerais do Estado que dote dunha partida económica, de cando menos 2 millóns de euros, para garantir o cumprimento dos compromisos a respecto do dragado, tratamento e limpeza de lodos, entre outras actuacións.

Así mesmo, a Plataforma esixe unha acción conxunta do Goberno galego e dos concellos da Comarca da Coruña para reclamar do Executivo español a corrección das deficiencias dos Orzamentos Xerais e que se urxa a levar a cabo todas as actuacións precisas para a rexeneración e recuperación integral deste espazo.

Neste senso, os representantes do colectivo volveron subliñar que as inversións na Ría do Burgo, nun momento de crise económica como o actual, non hai que entendelas só como unha perentoria necesidade medioambiental, senón tamén como unha aposta polo potencial da ría como motor de reactivación económica da comarca e pola súa capacidade xeradora de emprego.

Promesas incumpridas

A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo e a veciñanza da comarca levan anos reivindicando solucións ante o grave deterioro da Ría e das consecuencias negativas que ten no medio ambiente, na economía e no marisqueo. Os avances na recuperación deste espazo foron escasos, pero pola contra, os episodios de contaminación das augas repítense con demasiada frecuencia.

“A decisión de destinar cero euros para a Ría do Burgo para o ano 2012 e seguintes, confirma que todas as declaracións realizadas tanto pola Xunta como polas alcaldías dos concellos da comarca afectados, especialmente polo Concello da Coruña, a respecto das inmediatas actuacións na ría eran falsas e puras mentiras”, denunciaron os representantes da Plataforma.

]]>
Asina para que os Orzamentos do Estado non se esquenzan da ría http://riadoburgo.blogaliza.org/2012/04/18/asina-para-que-os-orzamentos-do-estado-non-se-esquenzan-da-ria/ Wed, 18 Apr 2012 15:13:05 +0000 http://riadoburgo.blogaliza.org/?p=248 A “Plataforma para a defensa da Ría do Burgo” promove a recollida electrónica de sinaturas  para solicitarlle  ao Goberno español e do Presidente da Xunta de Galiza a inmediata aprobación dunha Enmenda nos Orzamentos do Estado que dote unha partida económica( canto menos de 2 millóns de euros) para comprir os compromisos da urxente posta en común que demandamos dentre as administracións ao obxecto de acordar un calendario de actuacións, fixar prazos reais –a través do BOE e o DOG- para o inicio do Plano de Rexeneración da Ría, así como o seu dragado, tratamento, limpeza de lodos e todas as accións para o seu saneamento integral.

 

PODES ASINAR NESTA LIGAZÓN:

http://actuable.es/peticiones/os-orzamentos-do-estado-deben-contemplar-plano-de

Coa túa sinatura estarás enviando esta carta ao Presidente do Goberno Mariano Rajoy:

A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo leva anos reclamando unha solución ante a ofensa, o desprezo e o abandono do Goberno español do PP que vén de atrasar, unha vez máis, as urxentes actuacións que precisa a ría ao non consignar nin unha soa partida orzamentaria para o saneamento e rexeneración da zona.

A Plataforma en Defensa da Ría do Burgo e os viciños/as da comarca da Coruña levamos anos reivindicando solucións ante o grave deterioro da Ría do Burgo e das consecuencias negativas que ten no medio ambiente, na economía e no marisqueo. Os avances na recuperación medioambiental da zona foron escasos e os episodios de contaminación das augas repítense con demasiada frecuencia, sen que ningunha administración adopte medidas para frear esta situación.

A decisión de destinar 0 euros para a Ría do Burgo para o ano 2012 e seguintes, confirma que todas as declaracións realizadas tanto pola Xunta como polos alcaldes dos concellos da comarca afectados, especialmente polo Concello da Coruña, a respecto das inmediatas actuacións na ría do Burgo eran falsas e puras mentiras.

Un ano máis, comprobamos como á falta de entendemento entre as distintas administracións implicadas (Estado, Xunta e Concellos) e ao desinterese por coordinar actuacións conxuntas, súmase a ausencia de investimento para levar a cabo as actuacións oportunas.

Nun momento de crise económica como o actual, atender as necesidades da Ría do Burgo implica non só unha necesidade medioambiental, senón tamén unha aposta polo potencial da ría como motor da reactivación económica da comarca e pola súa capacidade xeradora de emprego.

Polo exposto, SOLICITASE do Goberno español e do Presidente da Xunta de Galiza :

1.- A inmediata aprobación dunha Enmenda nos Orzamentos do Estado que dote unha partida económica( canto menos de 2 millóns de euros) para comprir os compromisos da urxente posta en común que demandamos dentre as administracións ao obxecto de acordar un calendario de actuacións, fixar prazos reais –a través do BOE e o DOG- para o inicio do Plano de Rexeneración da Ría, así como o seu dragado, tratamento, limpeza de lodos e todas as accións para o seu saneamento integral.

2.- A actuación conxunta do Goberno galego e dos concellos da comarca da Coruña para reclamar do Goberno español a corrección das deficiencias dos Orzamentos Xerais e urxan a levar a cabo todas as actuacións precisas para a rexeneración e recuperación integral da Ría do Burgo.

]]>
http://riadoburgo.blogaliza.org/2012/04/17/4/ Tue, 17 Apr 2012 16:47:29 +0000 http://riadoburgo.blogaliza.org/2008/04/23/4/  

 

logo-plataforma-burgo1.jpg

]]>