maio 29th, 2008 riadoburgo
O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Culleredo aprobou por unanimidade a moción proposta polo BNG, na que se recollen as reivindicacións da Plataforma para a defensa da Ría do Burgo e se apoia explicitamente a manifestación convocada para o día 21 de xuño ás 19:30 horas e que sairá desde a Praza da Palloza.
Descarga a mocion aprobada polo Concello de Culleredo en pdf
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
maio 29th, 2008 riadoburgo
O Pleno da Corporación municipal de Sada aprobouno día de hoxe, cos votos favorables do BNG (que presentaba a moción) e o PSOE, a seguinte:
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOBRE A RÍA DO BURGO
A Ria do Burgo atópase desde fai anos nun lamentábel estado de contaminación. Ademais do tremendo impacto ambiental que esto implica tamén debemos ter en conta as negativas repercusións sobre a actividade pesqueira e o turismo.
Por mor desta situación a Corporación Municipal de Sada entende que é preciso demandar a firme actuación na aplicación da lei para os causantes directos e indirectos de verquidos á Ría, a finalización do proxecto integral de saneamento para eliminar os importantes focos de contaminación que van directamente á Ría, a posta en funcionamento da EDAR de Bens, a definición consensuada coas asociacións de marisqueo dun plano de rexeneración medioambiental de limpeza integral da Ría do Burgo para o goce e lecer cidadán ,a recuperación dos bancos de marisqueo e finalmente defender a vixencia temporal e indefinida dos actuais convenios subscritos entre a Consellaría de Pesca e as Agrupacións de Marisqueo mentras non se poida desenvolver con normalidade a actividade marisqueiras.
Diante da crecente preocupación social na Comarca da Coruña a Corporación Municipal de Sada solidarizase coas persoas que viven da riqueza marisqueira da Ría do Burgo, demandando a rexeneración da ría e apoiando todas as medidas que se adopten neste senso.
Sada, 29 de maio de 2008
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
maio 29th, 2008 riadoburgo
Madrid/A Coruña, 29 de Maio de 2.008
Descarga en pdf a pregunta formulada no Congreso
A petición da organización comarcal coruñesa de Esquerda Unida, (EU), o deputado e Coordinador Federal de IU, Gaspar Llamazares, presentou unha serie de preguntas ao goberno do Estado a través do rexistro da Mesa do Congreso dos Deputados.
Esquerda Unida-IU volve a denunciar o lamentable estado de contaminación da coruñesa ría do Burgo, do que se derivan graves consecuencias ambientais e económicas para os cidadáns e para os mariscadores da zona.
Na súa interpelación fai referencia ao incumprimento reiterado das Directivas europeas en materia de augas residuais. Esta referencia ás Directivas da UE, son continuación das preguntas que rexistrou EU ante a Comisión Europea, en Bruxelas, o pasado día 19 de maio, a través do eurodiputado de IU, Willy Meyer.
Gaspar Llamazares, recorda ao Goberno español, o atraso inadmisible, (máis de oito anos), da Estación Depuradora de Augas Residuais da Coruña, (EDAR de Bens). Así como a non aplicación dun plan integral de saneamento da ría pola administración galega.
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
maio 28th, 2008 riadoburgo
MOCIÓN PARA O APOIO INSTITUCIONAL DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE CAMBRE AS REIVINDICACIÓNS DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA DO BURGO.
Descarga a moción en PDF
XUSTIFICACIÓN:
En repetidas ocasións, ten xurdido nos debates dos Plenos Municipais do concello, a necesidade de dar unha resposta eficaz ós acuciantes problemas derivados do estado de deterioro e abandono que presenta a ría do Burgo.
En diversos plenos a nosa organización mostrou a preocupación mediante a presentación de iniciativas que non tiveron unha resposta eficaz, e adecuada para correxir o proceso de degradación; pero foi recentemente cando o problema se agravou, motivado o aumento imparable da súa contaminación, o que orixinou a declaración de zona "C" por parte da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia, prohibindo a actividade extractiva, agravando o problema ambiental e convertendo en un problema económico para centos de persoas que viven da súa riqueza marisqueira.
Ante ista situación, recentemente creouse na área metropolitana unha "Plataforma en Defensa da Ría do Burgo", formada por mais de cuarenta colectivos cívicos, sindicais, profesionais, políticos, etc.
Neste intre a recén creada "PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DO BURGO" elaborou un manifesto constitucional no cal aparecen reflexadas as principais demandas, marcando e definindo os obxetivos fundamentais da mencionada Plataforma, xustificando a creación do colectivo do segunte xeito:
[…É o desprezo e o incomprimento de normativas, entre outras, Europeas, por parte do goberno español, e o retraso na construcción e posta en funcionamento da EDAR, polo ministerio de Medio Ambiente, o non ter rematado o proxecto de saneamento das augas residuáis, responsabilidade do goberno da Xunta, pola consellería de Medio Ambiente, sumado a pasiva actuación dos concellos, a que está a causar constantes verquidos a unha Ría do Burgo convertida hoxe en foco de contaminación e sumida nunha grave degradación medioambiental....]
Este manifesto elaborase e aprobase co obxectivo de esixir das diferentes administracións responsables os seguindes compromisos:
-A firme actuación na aplicación de sancións aos causantes directos e indirectos dos verquidos á Ría do Burgo.
-A finalización do proxecto integral de saneamento para eliminar os importantes focos de contaminación que aínda existen nos concellos de A Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros, que verquen indiscriminadamente na Ría do Burgo.
-A posta en funcionamento urxente da EDAR de Bens.
-A definición consensuada coas agrupacións do marisqueo, dun Plano de Rexeneración medio ambiental, limpeza integral da Ría do Burgo e recuperación dos bancos de marisco, con liñas de axuda ao cultivo é a producción.
-Defender a vixencia temporal indefinida dos actuáis Convenios subscritos entre a Consellería de Pesca e as agrupacións de marisqueo da Ría do Burgo, mentres non se teña producido unha total eliminación dos verquidos e se poida desenvolver con normalidade a actividade marisqueira.
EN BASE AS ANTERIORES RAZÓNS, O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN O PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES
ACORDOS:
PRIMEIRO.- Que o Pleno Municipal mostre o seu apoio ás demandas de dito colectivo, a través dun comunicado público os medios de comunicación, recollendo o sentir da presente Moción.
SEGUNDO.- Que a Corporación facilite o apoio necesario, dentro das súas posibilidades, para a organización e difusión dos actos reivindicativos da Plataforma, necesarios para facer realiadade as demandas plantexadas.
CAMBRE, a 23 de Maio de 2008
Asdo: Luis M. Taibo Casás.
Voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida de Cambre.
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
maio 23rd, 2008 riadoburgo
A Plataforma presentou, o 23 de maio no rexistro do Edificio Administrativo da Xunta en A Coruña, 17.000 sinaturas de cidadáns que demandan o saneamento da Ría, a fin dos vertidos, así como sancións ás empresas e particulares que contaminan.
A Confraría de Pescadores da Coruña, un dos colectivos que conforman a Plataforma, presentou sete denuncias por vertidos ilegais desde o pasado verán. Hai escasos días, o pósito coruñés interpuxo outras dúas, nesta ocasión, por un fluído de espuma de procedencia industrial detectado a semana pasada e por outro de augas fecais que proveñen dunha canalización subterránea que está perforada. A alta concentración de coliformes (tipo de bacterias), á parte de impedir a extracción do marisco, supón mesmo un risco para os bañistas.
Por outra banda, a posta en funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais de Bens, unha das demandas recollidas no manifesto da Plataforma, non será realidade até 2010, cando a Xunta anunciara que estaría habilitada en 2009.
A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo organiza unha manifestación que percorrerá as rúas da cidade o 21 de xuño. A marcha, que reivindica o saneamento da Ría e a fin dos vertidos, partirá ese día ás 19:30 horas desde a Praza da Palloza até a Delegación do Goberno español (Praza de Ourense).
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
maio 22nd, 2008 riadoburgo
Ante a lamentábel situación na que se atopa a Ría do Burgo, o BNG presentará unha moción de apoio tanto ás reivindicacións da Plataforma como á Manifestación que baixo o lema "Recuperemos a Ría do Burgo" se celebrará o día 21 de xuño. Esta Moción será apresentada e debatida en todos os concellos da Comarca da Coruña nos vindeiros Plenos que se celebren.
Descarga o texto da moción en PDF
Texto da Moción:
A Ria do Burgo atópase desde fai anos nun lamentábel estado de contaminación por mor dos continuos verquidos de augas resuiduais procedentes de diversos concellos da Comarca da Coruña. Ademais do tremendo impacto ambiental que esto implica tamén debemos ter en conta as negativas repercusións sobre a actividade pesqueira. Trátase dunha zona de tradicional labor marisqueira, actividade da que viven moitas familias da comarca. A Coruña é a única cidade do estado español con máis de 200.000 habitantes que carece de saneamento de augas residuais. Máis de 400.000 habitantes da Area coruñesa verten as súas augas residuais directamente ao mar, na Ria do Burgo ou en Bens, sen depuración algunha e provocando graves consecuencias ambientais e económicas sobre a pesca o marisqueo e o turismo.
O certo é que a estas alturas xa debería estar funcionando a estación de- puradora de Bens e arranxado o emisario submariño. Tratándose dunha zona densamente poboada deberíase contar cun sistema de depuración segundo as directivas da UE. Nestes intres a situación é tan delicada que a zona está declarada, pola Consellaría de Pesca , como zona “C”, por mor da alta contaminación e degradación medioambiental que padece.
O BNG amosou sempre a súa preocupación polo saneamento da Ría do Burgo e nesa liña fixo un intenso traballo tanto no Parlamento de Galiza coma no Congreso dos Deputados. É preciso recordar que grazas a ese intenso traballo negociouse a inclusión nos orzamentos do Estado para o ano 2007 unha partida de 8 millóns de € destinada a limpeza, rexeneración e saneamento da Ría do Burgo e dos ríos Ulla, Limia e Miño na súa desembocadura. De igual xeito acordouse unha partida concreta de 1 millón de € para a rexenaración da Ría nos orzamentos de 2008.
Por mor da constante e crecente preocupación social do grave deterioro da Ría constituiuse recentemente unha plataforma para a súa defensa. Ademáis da confraría de pescadores da Coruña, agrupación de mariscadores de a pé e a flote , tamén están diversas entidades veciñais, colectivos, sindicatos e partidos políticos. O fin non é outro que demandar a firme actuación na aplicación da lei para os causantes directos e indirectos de verquidos á Ría, a finalización do proxecto integral de saneamento para eliminar os importantes focos de contaminación que van directamente á Ría, a posta en funcionamento da EDAR de Bens, a definición consensuada coas asociacións de marisqueo dun plano de
rexenearión medioambiental de limpeza integral da Ría do Burgo para o goce e lecer cidadán ,a recuperación dos bancos de marisqueo e finalmente defender a vixencia temporal e indefinida dos actuais convenios subscritos entre a Consellaría de Pesca e as Agrupacións de Marisqueo mentras non se poida desenvolver con normalidade a actividade marisqueiras.
Co fin de demandar das diferentes administracións públicas responsábeis as cuestións manifestadas con anterioridade a Plataforma para a defensa da Ría do Burgo convocou para o vindeiro sábado 21 de xuño ás 19:30 h. unha manifestación co lema “Recuperemos a Ría do Burgo”.
Por todo isto o grupo municipal do BNG solicita a adopción do seguinte acordo:
1. O pleno da corporación municipal vista a grave situación medioambiental que sufre a Ría do Burgo por mor dos contínuos verquidos apoia as reivindicacións da Plataforma e a convocatoria da manifestación do día 21 de xuño ás 19:30 h. baixo o lema “Recuperemos a Ría do Burgo”.
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
maio 20th, 2008 riadoburgo
Descarga a Interpelación en PDF
Carta de Willy Meyer á Plataforma para a defensa da Ría do Burgo
A petición da organización comarcal coruñesa de Esquerda Unida, o eurodiputado de Izquierda Unida, Willy Meyer presentou esta mañá unha pregunta escrita ante a Comisión europea sobre a contaminación da Ría do Burgo (A Coruña), provocada por verteduras de augas residuais sen depurar. Meyer dirixiuse á Comisión para coñecer que medidas tomará esta para garantir o cumprimento da lexislación ambiental europea por parte das autoridades españolas. Ademais, tendo en conta o grave dano ambiental e o risco que supón a falta dun control efectivo sobre estas augas, Willy Meyer instou á Comisión a que adopte medidas inmediatas para interromper as verteduras incontroladas que veñen detectando na zona.
"A Ría do Burgo (A Coruña, España) atópase nun lamentable estado de contaminación debido ás verteduras de augas residuais sen depurar procedentes dos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros. A área coruñesa, con máis de 400.000 habitantes carece de saneamento de augas residuais, sendo estas vertidas directamente ao mar, na ría do Burgo e en Bens, sen depuración algunha e provocando graves consecuencias ambientais e económicas sobre a pesca, o marisqueo e o turismo. A alta contaminación, nove veces superior á autorizada para a extracción de moluscos, levou ás autoridades competentes a declarar este espazo zona "C", habéndose paralizado desde fai meses a actividade marisqueira, da que viven centos de familias da zona.
A Directiva 2000/60/CE establece un marco de actuación no ámbito da política de augas dirixida á protección das augas comunitarias, onde se recolle a necesidade de desenvolver plans integrais de control e saneamento das augas. Así mesmo a Directiva 91/271/CEE relativa ao tratamento de augas residuais urbanas, establece que todas as aglomeracións con máis de 15000 equivalentes habitante deben dispor, desde o pasado 31 de Decembro do 2000, de sistemas de colectores de augas residuais urbanas. Con todo, os prazos para a execución das obras da estación depuradora de Bens atrásanse cada vez máis, non estando prevista a súa finalización antes do 2010.
- ¿Qué medidas tomará a Comisión para garantir o cumprimento da lexislación ambiental europea por parte das autoridades españolas e particularmente, para garantir a correcta aplicación da Directiva marco da auga e a Directiva relativa ao tratamento de augas residuais?
¿Qué opinión merece á Comisión a non aplicación por parte da administración galega dun plan de saneamento integral da ría?
- ¿Qué opinión merece á Comisión que, case 8 anos despois do prazo marcado pola Directiva 91/271/CEE, A Coruña careza de estación depuradora de augas?
- Considerando o grave dano ambiental e o risco que supón a falta dun control efectivo sobre estas augas, ¿non cre necesario a Comisión tomar medidas para a inmediata interrupción das verteduras incontroladas que veñen detectando, tanto de procedencia urbana como industrial?"
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
maio 2nd, 2008 riadoburgo
O deputado do BNG lembra que a EDAR de Bens xa debería estar en funcionamento no ano 2005 e denuncia que “A Coruña é a única cidade do Estado español con máis de 200.000 habitantes que carece de saneamento de augas residuais”
Descarga picando aquí a pregunta parlamentar en pdf
Madrid, 2 Maio 08. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, ven de presentar unha iniciativa na que lle esixe ao Goberno que acometa as infraestruturas necesarias na área da Coruña para rematar coa contaminación da Ría do Burgo.
Jorquera lembra que esta ría “atópase dende hai anos nun lamentábel estado de contaminación” debido aos verquidos de augas residuais procedentes dos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.
“Esta situación –denuncia- está a provocar un tremendo impacto ambiental, cunha repercusión moi negativa sobre a actividade pesqueira e marisqueira, da que viven centos de familias na zona, (....) e que levou á Consellaría de Pesca da Xunta de Galiza a declarar a Ría do Burgo zona C debido á alta contaminación e degradación ambiental que sofre”.
“A Coruña é a única cidade do Estado español con máis de 200.000 habitantes que carece de saneamento de augas residuais”
Neste sentido, Jorquera critica que “a Coruña sexa a única cidade do Estado español con máis de 200.000 habitantes que careza de saneamento de augas residuais”. Isto fai que os máis de 400.000 habitantes da área coruñesa verquen as súas augas residuais directamente ao mar, na ría do Burgo ou en Bens, sen depuración algunha e provocando graves consecuencias ambientais e económicas sobre a pesca, o marisqueo e o turismo.
Ao mesmo, tempo estanse a incumprir as directivas da UE que obrigan ás cidades de máis de 200.000 habitantes a depuraren as súas augas residuais.
“O Goberno Central atrasa continuamente a posta en marcha da EDAR de Bens”
Neste sentido, o portavoz parlamentar do BNG critica os continuos atrasos do Goberno Central para arranxar o emisario submarino e, especialmente, a EDAR de Bens, “unha obra imprescindíbel para reducir a contaminación da Ría do Burgo e cuxos prazos de execución se prolongan continuamente e a data de finalización atrásase cada vez máis”.
Así, o deputado nacionalista recorda que “no ano 2004 asegurouse que a Estación Depuradora de Augas Residuais de Bens estaría en funcionamento no ano 2005; no ano 2006, e nunha resposta por escrito ao BNG, o Goberno dixo que estaría lista en outubro de 2008; recentemente, anunciouse que estaría lista no primeiro trimestre do próximo ano 2009. Porén, de novo parecen moverse os prazos e fálase de finais de 2009 ou inicios de 2010”.
Preocupación do BNG no Congreso para o saneamento da Ría do Burgo
Francisco Jorquera subliña que “o BNG sempre amosou preocupación polo saneamento da ría do Burgo e nesa liña centrou o seu traballo parlamentar no Congreso dos Deputados”. Froito desa traballo foi a partida de 8 millóns de euros que se incluíron nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2007 para a limpeza, rexeneración e saneamento da Ría do Burgo e dos ríos Ulla, Limia e Miño, e a partida concreta de 1 millóns de euros para a rexeneración da Ría do Burgo que o BNG conseguiu incorporar nos Orzamentos Xerais do Estado para 2008.
Esixencia de cumprimento dos prazos e de execución das partidas
Ante esta situación, o deputado do BNG pregúntalle ao Goberno pola “data concreta en que se prevé a finalización e entrada en funcionamento da EDAR de Bens”, así como do emisario submarino.
Solicítalle tamén se “pode asegurar que ningunha destas infraestruturas necesarias e urxentes para a poboación da Coruña vai sufrir máis atrasos e demoras na súa finalización”.
Así mesmo, pregúntalle ao Goberno se “é consciente da situación de degradación medioambiental e de alta contaminación que padece a ría do Burgo” e se vai axilizar o seu saneamento e rexeneración.
Por último, Jorquera solicita información sobre o grao de execución das partidas que o BNG conseguiu incorporar nos Orzamentos do Estado dos anos 2007 e 2008 para a rexeneración da ría.
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
abril 23rd, 2008 riadoburgo

O vindeiro Sábado 21 de xuño ás 19:30 da tarde (saíndo desde a Praza da Palloza) asiste á Grande Manifestación en defensa da Ría do Burgo baixo o lema:
"Recuperemos
a Ría do Burgo"
AGARDÁMOSTE !!
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
abril 23rd, 2008 riadoburgo
A Plataforma en defensa da ría do Burgo inicia unha campaña de recollida de sinaturas en apoio da reivindicación de que as autoridades competentes eliminen totalmente os verquidos contaminantes da Ría, que afectan ás praias e aos bancos marisqueiros.
(descarga aquí o formulario de petición de sinaturas)
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »