A Plataforma volverá a mobilizarse o proximo 27 de novembro, dentro dun novo calendario de moblizacións
novembro 18th, 2008 riadoburgoO pasado venres día 14 de novembro, celebrouse unha xuntanza entre os membros da Plataforma para a defensa da ría do Burgo.Nesta xuntanza informouse a todos os colectivos asistentes da aprobación polo Goberno do Estado, como parte do Acordo para o orzamento 2009 entre o BNG e o Goberno español de 1 millón de euros para a limpeza da Ría.
Expresouse a preocupación do conxunto da Plataforma por saber en que e como se van investir eses cartos, xa que a limpeza da Ría non é competencia do Estado, tal e como se indicou nunha xuntanza de traballo celebrada o pasado día 31 de outubro entre a mesa directora da plataforma para a defensa de a ria de O Burgo (representates veciñais Ramón Sixto e Angel Castro, sectretario comarcal da CIG Paulo Carril, patrón maior da Confraría Manuel Cao e a presidenta das mariscadoras de a pé Carmen Chans) e os portavoces do BNG no Congreso, o Parlamento Galego e a Deputación (Francisco Jorquera, Carlos Aymerich e Silvia Seixas).
Ademais acordouse continuar o traballo a fin de aumentar os membros da Plataforma; e solicitar unha entrevista co Conselleiro de Medio Ambiente e cos catro Alcaldes da Ria (A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo), ademais o día 27 de novembro ás 11`30 horas cando se rexistren oficialmente as solicitudes farase unha concentración simbólica diante do Edifico Administrativo de Monelos.
Ademáis disto, e tamén no aspecto reivindicativo a Plataforma decidiu iniciar unha campaña de concienciación cidadá mostrando, mediante fotografias, a realidade da ría a todos os cidadáns; e xa entrado o ano 2009 acordouse realizar novas mobilizacións de co obxectivo de que todos e cada un dos partidos políticos leven no seu programa a limpeza da ría de O Burgo nas vindeiras eleccións autonómicas
chúzame -
