A Plataforma celebrou unha nova manifestación, esta vez ao carón da Ría
A Plataforma Para a Defensa da Ria do Burgo, celebrou o sábado pasado unha mobilización que saíu dende a casa das Palmeiras do Temple, e que percorreu a ponte do Burgo, pasando por diante da praza de Galicia, rematando na Praza de Europa, onde se leron manifestos por parte dos mariscadores de a pé (Carmen Chans), da confraría de Pescadores da Coruña (o patrón maior Manuel Cao), e das veciñas e vecños (o presidente da asociación "O Noso Burgo", Ramón Sixto).
Na convocatoria participaron máis de 30 colectivos diversos entre partidos
políticos, sindicatos, asociacións veciñais e ecoloxistas, segundo datos da organización xuntáronse perto de 2500 persoas, e a duración estimada foi dunha hora dende o inicio ata o final.
Na mensaxe que se lanzou ás autoridades esixiuse a eliminación total dos verquidos á ría do Burgo, pedíndose ademáis a retirado dos lodos e a rexeneración da ría para o cultivo de vibalvos, para o seu uso para a realización de deportes acuaticos e tamén para o disfrute do lecer.
A Plataforma xuntarase de novo para o mes de outubro ou novembro para analizar se nos orzamentos, tanto da Xunta de Galicia como do Goberno do Estado, hai unha partida destinada a estes fins, e se a situación segue do mesmo xeito continuarase con mobilizacións e outras medidas de presión ata acadar ao fino arranxo desta situación vergoñenta na que se atopa a nosa ría.
chúzame -

Leave a Reply