setembro 21st, 2008 riadoburgo
A Plataforma Para a Defensa da Ria do Burgo, celebrou o sábado pasado unha mobilización que saíu dende a casa das Palmeiras do Temple, e que percorreu a ponte do Burgo, pasando por diante da praza de Galicia, rematando na Praza de Europa, onde se leron manifestos por parte dos mariscadores de a pé (Carmen Chans), da confraría de Pescadores da Coruña (o patrón maior Manuel Cao), e das veciñas e vecños (o presidente da asociación "O Noso Burgo", Ramón Sixto).
Na convocatoria participaron máis de 30 colectivos diversos entre partidos
políticos, sindicatos, asociacións veciñais e ecoloxistas, segundo datos da organización xuntáronse perto de 2500 persoas, e a duración estimada foi dunha hora dende o inicio ata o final.
Na mensaxe que se lanzou ás autoridades esixiuse a eliminación total dos verquidos á ría do Burgo, pedíndose ademáis a retirado dos lodos e a rexeneración da ría para o cultivo de vibalvos, para o seu uso para a realización de deportes acuaticos e tamén para o disfrute do lecer.
A Plataforma xuntarase de novo para o mes de outubro ou novembro para analizar se nos orzamentos, tanto da Xunta de Galicia como do Goberno do Estado, hai unha partida destinada a estes fins, e se a situación segue do mesmo xeito continuarase con mobilizacións e outras medidas de presión ata acadar ao fino arranxo desta situación vergoñenta na que se atopa a nosa ría.
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
setembro 11th, 2008 riadoburgo
O deputado do BNG preguntaba sobre o grao de execución da partida de 1 millón de euros dos Orzamentos 2008 para o saneamento da Ría de O Burgo, pero o Goberno elude a resposta
Madrid, 11 Setembro 08. O Goberno vén de recoñecer nunha resposta por escrito ao portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, que tanto a EDAR de Bens como o seu emisario submariño sofren un retraso de máis dun ano xa que tiñan que estar listas a finais do presente ano 2008.
Retraso de máis dun ano sobre a última data prevista
O Goberno alega, na súa resposta ao deputado do BNG, que “a dificultade de atopar vertedoiros próximos e conseguir as autorizacións, ademáis dos terreos necesarios, supuxo un retraso próximo a un ano, polo que as obras se prolongarán até finais de 2009”.
O mesmo sucede co emisario submariño posto que o Executivo supedita a súa posta en marcha á posta en funcionamento da EDAR que dí “debería realizarse conxuntamente coa EDAR”.
Ao deputado do BNG chámanlle a atención os argumentos empregados polo Goberno para explicar a demora na execución desta importante infraestructura medioambiental posto que denota “certa falta de previsión”. O Executivo alega que na execución destas obras inflúen “peculiaridades do terreo, o réxime meteorolóxico e temporais, e os diversos elementos e mecanismos fabricados “ad hoc” por suministradores estranxeiros”. Jorquera considera que “o normal é ter en conta todos estes aspeitos á hora de planificar unha actuación destas características e realizar o proxecto construtivo” e tilda de “pouco serio que se veña anos máis tarde con estas excusas”.
Executou o Goberno o 1 millón de euros para Ría de O Burgo?
Froito da negociación que o BNG mantivo co Goberno para os Orzamentos a destinar a Galiza neste ano 2008, incluíse unha partida global de 8 millóns de euros para a limpeza, rexeneración e saneamento da Ría de O Burgo e dos ríos Ulla, Limia e Miño. Ademáis dunha partida específica para a Ría de O Burgo que ascendía a 1 milón de euros. Neste sentido, Jorquera pregunta polo grao de execución destas partidas, sobre todo a relativa á rexeneración da Ría de O Burgo.
O Goberno bota balóns fóra na execución desta partida
No que atinxe a este tema, “o Goberno limítase a botar balóns fóra e facer como se a cousa non fora con el cando sobre a mesa temos partidas estatais aprobadas pola Administración central”, afirma o deputado nacionalista.
O Executivo emprega o argumento de que se trata de Galiza costa, “concas xestionadas por Augas de Galiza polo que o Ministerio non é competente para afrontar estas actuacións mentras non sexan declaradas de interese xeral do Estado”. Sen esquecer, puntualiza Jorquera, que “é o mesmo Goberno quen ten a potestade de declarar de interese xeral as obras”.
Respeito a este problema, o Goberno bota mán das obras realizadas no 2007 para a ordenación hidráulica do río Mero que rematan na desembocadura da Ría de O Burgo, sinalando que no “primeiro semestre de 2008 se contrataron obras complementares para a recuperación ambiental nese tramo”, unhas actuacións no río Mero que se farán nesta ano e primeiro trimestre de 2009 e que teñen un orzamento de 490.270 euros.
O deputado do BNG tamén amosa a súa estraneza pola inicial alocución do Goberno sobre as competencias sobre augas residuais. “Nós fixemos unha pergunta circunscrita a dous temas básicos: EDAR de Bens e execución das partidas orzamentarias aprobadas para a rexeneración da Ría de O Burgo. A apreciación sobre as competencias locais en augas residuais é algo que o Goberno se podía aforrar porque estamos a falar de actuacións consignadas nos Orzamentos Xerais do Estado, e por tanto, que comprometen ao Goberno e se é necesario coordenar a máis Administracións o Goberno ten a obriga de tomar a iniciativa para dar cumprimento ás súas obrigas orzamentarias”.
Descarga a resposta do Goberno en PDF
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
setembro 4th, 2008 riadoburgo
NOTA INFORMATIVA DE “EU-IU” DE CAMBRE
O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre, denunciou mediante un escrito presentado no rexistro do concello e na garda Civil (SEPRONA), sobre os olores nauseabundos na Ria do Burgo, concentrados nas inmediacións da Ponte Vella na parroquia do Temple.
Veciñ@s da zona e persoas que con frecuencia acuden o lugar, manifestaban as suas protestas ante os olores insoportables, procedentes posiblemente de algún colector ou tubería, causando un profundo malestar na cidadanía, a parte das graves consecuencias ambientais sobre o marisqueo, a pesca e o turismo.
Iste feito, según manifestacións dos propios veciñ@s ven producindose nos últimos dias de unha maneira alternativa, concentrandose de un xeito especial e intensivo na zona mencionada. O voceiro de EU-IU no concello solicitou do goberno municipal, “se poñan en marcha os mecanismos oportunos que permitan investigar a procedencia” dos olores e posibles verquidos, para tomar as medidas legais necesarias contra dos responsables para correxir o problema e proceder a elaborar un expediente en caso de que fose sancionable. Esta circunstancia agudiza o mal estado da Ria que resulta xa de por sí cando menos preocupante.
Para EU-IU “urxe” tomar medidas ante este tipo de situacións perxudicias para o medio ambiente e á saúde, o problema agravase coa subida das temperaturas en ésta época do ano, facendo que a situación se convirta insoportable en moitos casos, dando unha imaxe negativa do noso concello e ós conseguintes perxuizos polo motivo exposto.
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
setembro 4th, 2008 riadoburgo
Dando resposta á interpelación presentada por ESQUERDA UNIDA-IU, a Comisión Europea vai solicitar á Xunta que lle informe sobre que fixo e que prevé facer para reducir a contaminación na ría do Burgo e A Coruña, ante a sospeita de que os niveis de polución do estuario vulneran a directiva europea sobre calidade das augas marisqueiras. Un incumprimento semellante levou ao Tribunal de Xustiza da UE a condenar a España no 2005 polos altos índices de residuos fecais nos polígonos de bateas de mexillón da ría de Vigo, nun larguísimo expediente que só se pechou en febreiro pasado, cando a Xunta logrou convencer a Bruxelas de que adoptaría as medidas adecuadas para reconducir a situación.
O anuncio de Bruxelas responde a unha demanda do eurodiputado de Esquerda Unida-IU, Willy Meyer, quen, a petición da organización comarcal coruñesa de EU-IU, reclamou en maio pasado ás autoridades europeas que se situasen ante «o lamentable estado» da ría da Coruña e O Burgo a causa as verteduras de augas residuais sen depurar dos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.
Segundo Esquerda Unida-IU, a contaminación detectada na zona é «nove veces superior á autorizada para a extracción de moluscos», o que levou á Xunta a ordenar que todo o marisco que se extraia nesa zona sexa transportado para a súa depuración durante polo menos un mes noutras áreas mariñas limpas, ao obxecto de garantir a súa salubridade.
Nunha resposta parlamentaria a eurodeputado de ESQUERDA UNIDA-IU, Meyer, o comisario de Medio Ambiente, Stavros Dimas, explica que os estuarios da Coruña e O Burgo foron designados «como augas para a cría de moluscos de conformidade coa directiva» que regula esas zonas, e que esa declaración «leva a obrigación de garantir as normas de calidade [...] tanto no que se refire a seguimento como a programas de redución da contaminación».
«Sobre a base da información proporcionada pola súa señoría, a Comisión solicitará información das autoridades españolas sobre os resultados dos programas de seguimento e de redución da contaminación», e «volverá ao Parlamento para presentar información adicional», di Dimas no seu escrito.
A súa resposta non presupón que Bruxelas vaia iniciar un expediente como o de Vigo, pero podería facelo se tras recibir eses datos constata que se está vulnerando a normativa europea.
O comisario tamén recorda que o seu departamento mantén aberto outro procedemento contra España por infrinxir a directiva sobre tratamento de augas residuais, nun expediente que afecta a varios centenares de grandes núcleos de poboación que se atopan situados en distintos puntos do país. Entre eles están Santiago e Vigo, e tamén A Coruña, cidade que, segundo Dimas, terá unha depuradora dez anos despois do prazo límite que fora fixado pola UE.
«Os núcleos de poboación da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros están comprendidos nun sistema colector que na actualidade verte augas residuais sen depurar nunha zona costeira ao oeste da Coruña. O sistema de tratamento estaría en proceso de construción, o cal prevese que conclúa para o 2010; e como a súa señoría sinalou [...], debería haber estado dispoñible para o 31 de decembro do 2000», asegura finalmente o comisario de Medio Ambiente, Stavros Dimas.
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »