O PLENO DO CONCELLO DA CORUÑA APROBA POR UNANIMIDADE UNHA MOCIÓN DE APOIO E SOLIDARIEDADE COAS REIVINDICACIÓNS DA PLATAFORMA
O Pleno da Corporación municipal do Concello da Coruña ven de aprobar por unanimidade unha moción presentada conxuntamente polos tres grupos municipais do Concello, a instancias do BNG.
Esta moción o Pleno do Concello da Coruña manifesta o seu compromiso de continuar, en cooperación coa Xunta de Galicia e da Administración do Estado, as accións para conseguir a completa rexeneración e recuperación da ría do Burgo para o marisqueo e solidarízase coas demandas sociais encamiñadas a recuperar a ría.
Descarga en PDF a mocion adoptada polo Concello da Coruña
Na exposición de motivos, os tres grupos (BNG, PSOE e PP) recoñecen que a ría do Burgo ten sufrido nas últimas décadas as consecuencias ambientais dunha área metropolitana con unha alta densidade de población sumado a un entorno industrial e empresarial, sin tratamento e depuración das súas augas residuais, se ben recoñece que "nos últimos anos tense feito un esforzo técnico e orzamentario no control das augas, na canalización e principalmente no referido ao saneamento".
O Concello da Coruña recoñece que o saneamento da ría é unha prioridade municipal, tanto no que se refire á supresión das verteduras contaminantes como ao impulso á construción da EDAR de Bens .
chúzame -

Leave a Reply