O PLENO DO CONCELLO DA CORUÑA APROBA POR UNANIMIDADE UNHA MOCIÓN DE APOIO E SOLIDARIEDADE COAS REIVINDICACIÓNS DA PLATAFORMA
xuño 10th, 2008 riadoburgoO Pleno da Corporación municipal do Concello da Coruña ven de aprobar por unanimidade unha moción presentada conxuntamente polos tres grupos municipais do Concello, a instancias do BNG.
Esta moción o Pleno do Concello da Coruña manifesta o seu compromiso de continuar, en cooperación coa Xunta de Galicia e da Administración do Estado, as accións para conseguir a completa rexeneración e recuperación da ría do Burgo para o marisqueo e solidarízase coas demandas sociais encamiñadas a recuperar a ría.
Descarga en PDF a mocion adoptada polo Concello da Coruña
Na exposición de motivos, os tres grupos (BNG, PSOE e PP) recoñecen que a ría do Burgo ten sufrido nas últimas décadas as consecuencias ambientais dunha área metropolitana con unha alta densidade de población sumado a un entorno industrial e empresarial, sin tratamento e depuración das súas augas residuais, se ben recoñece que "nos últimos anos tense feito un esforzo técnico e orzamentario no control das augas, na canalización e principalmente no referido ao saneamento".
O Concello da Coruña recoñece que o saneamento da ría é unha prioridade municipal, tanto no que se refire á supresión das verteduras contaminantes como ao impulso á construción da EDAR de Bens .
chúzame -
