Arteixo apoia as reivindicacións da Plataforma, mentras que en Oleiros o Goberno municipal di que “a ría está limpa”
xuño 6th, 2008 riadoburgoO Pleno da Corporación Municipal de Arteixo aproba por unanimidade a moción de apoio ás reivindicacións da Plataforma e de apoio á Manifestación do vindeiro 21 de xuño, que o BNG está a presentar nos Concellos de toda a Comarca.
moción aprobada polo Concello de Arteixo.pdf
Por outra banda, o 29 de maio o Pleno do Concello de Oleiros non debateu unha moción de apoio ás reivindicacións da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo presentada polo BNG.
A Moción non foi incluída polo alcalde, Ángel García Seoane, na orde do día do pleno (malia ter sido presentada en tempo e forma coa suficiente antelación ao pleno e no rexistro do Concello de Oleiros), xa que segundo este "non é unha moción" e "porque a ría do Burgo está limpa e non ten ningún problema". A moción foi, por tanto, sometida a un debate sobre a urxencia da mesma, pero non sobre o fondo.
O PP adiantou previamente ao voto da urxencia que apoiaría o BNG neste asunto e que apoiaría a moción porque -segundo manifestou no pleno o portavoz do PP, Pablo Cobián- "o PP apoiará o BNG na defensa da Ría do Burgo e apoiará a manifestación do día 21 de Xuño". Mais a moción non conseguiu aprobar a urxencia por causa do voto EN CONTRA do goberno da Alternativa dos Veciños e da ABSTENCIÓN do PSOE.
chúzame -
