xuño 24th, 2008 riadoburgo
Cidadáns coruñeses bótanse á rúa en defensa da Ría do Burgo
Cidadáns de A Coruña e da comarca secundaron a manifestación que o pasado 21 de xuño percorreu varias rúas céntricas da cidade en demanda da rexeneración da Ría do Burgo. A “Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo”, entidade organizadora da marcha, convoca unha nova manifestación para o 20 de setembro.
Paulo Carril, secretario comarcal da CIG, reclamou, ao termo da manifestación, un compromiso firme por parte dos gobernos autonómico e español para a recuperación da Ría, que se materialice a través dos próximos orzamentos con partidas económicas específicas a este respecto. Carril parabenizou as corporacións municipais da comarca, agás a de Oleiros, que aprobaron mocións de apoio ás demandas da Plataforma.
Carmen Chans, presidenta da Agrupación de Mariscadoras de a pé de A Coruña, e Manuel Cao, patrón maior da Confraría, foron os encargados de ler o manifesto da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo




chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
xuño 10th, 2008 riadoburgo
O Pleno da Corporación municipal do Concello da Coruña ven de aprobar por unanimidade unha moción presentada conxuntamente polos tres grupos municipais do Concello, a instancias do BNG.
Esta moción o Pleno do Concello da Coruña manifesta o seu compromiso de continuar, en cooperación coa Xunta de Galicia e da Administración do Estado, as accións para conseguir a completa rexeneración e recuperación da ría do Burgo para o marisqueo e solidarízase coas demandas sociais encamiñadas a recuperar a ría.
Descarga en PDF a mocion adoptada polo Concello da Coruña
Na exposición de motivos, os tres grupos (BNG, PSOE e PP) recoñecen que a ría do Burgo ten sufrido nas últimas décadas as consecuencias ambientais dunha área metropolitana con unha alta densidade de población sumado a un entorno industrial e empresarial, sin tratamento e depuración das súas augas residuais, se ben recoñece que "nos últimos anos tense feito un esforzo técnico e orzamentario no control das augas, na canalización e principalmente no referido ao saneamento".
O Concello da Coruña recoñece que o saneamento da ría é unha prioridade municipal, tanto no que se refire á supresión das verteduras contaminantes como ao impulso á construción da EDAR de Bens .
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »
xuño 6th, 2008 riadoburgo
O Pleno da Corporación Municipal de Arteixo aproba por unanimidade a moción de apoio ás reivindicacións da Plataforma e de apoio á Manifestación do vindeiro 21 de xuño, que o BNG está a presentar nos Concellos de toda a Comarca.
moción aprobada polo Concello de Arteixo.pdf
Por outra banda, o 29 de maio o Pleno do Concello de Oleiros non debateu unha moción de apoio ás reivindicacións da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo presentada polo BNG.
A Moción non foi incluída polo alcalde, Ángel García Seoane, na orde do día do pleno (malia ter sido presentada en tempo e forma coa suficiente antelación ao pleno e no rexistro do Concello de Oleiros), xa que segundo este "non é unha moción" e "porque a ría do Burgo está limpa e non ten ningún problema". A moción foi, por tanto, sometida a un debate sobre a urxencia da mesma, pero non sobre o fondo.
O PP adiantou previamente ao voto da urxencia que apoiaría o BNG neste asunto e que apoiaría a moción porque -segundo manifestou no pleno o portavoz do PP, Pablo Cobián- "o PP apoiará o BNG na defensa da Ría do Burgo e apoiará a manifestación do día 21 de Xuño". Mais a moción non conseguiu aprobar a urxencia por causa do voto EN CONTRA do goberno da Alternativa dos Veciños e da ABSTENCIÓN do PSOE.
chúzame -
Posted in Sen clasificar | No Comments »