O Pleno do Concello de Sada aproba unha declaración Institucional na que se solidariza coas persoas que viven do marisqueo da Ría do Burgo, demandando a rexeneración da ría.
O Pleno da Corporación municipal de Sada aprobouno día de hoxe, cos votos favorables do BNG (que presentaba a moción) e o PSOE, a seguinte:
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOBRE A RÍA DO BURGO
A Ria do Burgo atópase desde fai anos nun lamentábel estado de contaminación. Ademais do tremendo impacto ambiental que esto implica tamén debemos ter en conta as negativas repercusións sobre a actividade pesqueira e o turismo.
Por mor desta situación a Corporación Municipal de Sada entende que é preciso demandar a firme actuación na aplicación da lei para os causantes directos e indirectos de verquidos á Ría, a finalización do proxecto integral de saneamento para eliminar os importantes focos de contaminación que van directamente á Ría, a posta en funcionamento da EDAR de Bens, a definición consensuada coas asociacións de marisqueo dun plano de rexeneración medioambiental de limpeza integral da Ría do Burgo para o goce e lecer cidadán ,a recuperación dos bancos de marisqueo e finalmente defender a vixencia temporal e indefinida dos actuais convenios subscritos entre a Consellaría de Pesca e as Agrupacións de Marisqueo mentras non se poida desenvolver con normalidade a actividade marisqueiras.
Diante da crecente preocupación social na Comarca da Coruña a Corporación Municipal de Sada solidarizase coas persoas que viven da riqueza marisqueira da Ría do Burgo, demandando a rexeneración da ría e apoiando todas as medidas que se adopten neste senso.
Sada, 29 de maio de 2008
chúzame -

Leave a Reply