O eurodeputado Willy Meyer, pregúntalle á Comisión Europea polas medidas que tomará para garantir a aplicación das directivas europeas na Ría do Burgo
Descarga a Interpelación en PDF
Carta de Willy Meyer á Plataforma para a defensa da Ría do Burgo
A petición da organización comarcal coruñesa de Esquerda Unida, o eurodiputado de Izquierda Unida, Willy Meyer presentou esta mañá unha pregunta escrita ante a Comisión europea sobre a contaminación da Ría do Burgo (A Coruña), provocada por verteduras de augas residuais sen depurar. Meyer dirixiuse á Comisión para coñecer que medidas tomará esta para garantir o cumprimento da lexislación ambiental europea por parte das autoridades españolas. Ademais, tendo en conta o grave dano ambiental e o risco que supón a falta dun control efectivo sobre estas augas, Willy Meyer instou á Comisión a que adopte medidas inmediatas para interromper as verteduras incontroladas que veñen detectando na zona.
«A Ría do Burgo (A Coruña, España) atópase nun lamentable estado de contaminación debido ás verteduras de augas residuais sen depurar procedentes dos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros. A área coruñesa, con máis de 400.000 habitantes carece de saneamento de augas residuais, sendo estas vertidas directamente ao mar, na ría do Burgo e en Bens, sen depuración algunha e provocando graves consecuencias ambientais e económicas sobre a pesca, o marisqueo e o turismo. A alta contaminación, nove veces superior á autorizada para a extracción de moluscos, levou ás autoridades competentes a declarar este espazo zona «C», habéndose paralizado desde fai meses a actividade marisqueira, da que viven centos de familias da zona.
A Directiva 2000/60/CE establece un marco de actuación no ámbito da política de augas dirixida á protección das augas comunitarias, onde se recolle a necesidade de desenvolver plans integrais de control e saneamento das augas. Así mesmo a Directiva 91/271/CEE relativa ao tratamento de augas residuais urbanas, establece que todas as aglomeracións con máis de 15000 equivalentes habitante deben dispor, desde o pasado 31 de Decembro do 2000, de sistemas de colectores de augas residuais urbanas. Con todo, os prazos para a execución das obras da estación depuradora de Bens atrásanse cada vez máis, non estando prevista a súa finalización antes do 2010.
– ¿Qué medidas tomará a Comisión para garantir o cumprimento da lexislación ambiental europea por parte das autoridades españolas e particularmente, para garantir a correcta aplicación da Directiva marco da auga e a Directiva relativa ao tratamento de augas residuais?
¿Qué opinión merece á Comisión a non aplicación por parte da administración galega dun plan de saneamento integral da ría?
– ¿Qué opinión merece á Comisión que, case 8 anos despois do prazo marcado pola Directiva 91/271/CEE, A Coruña careza de estación depuradora de augas?
- Considerando o grave dano ambiental e o risco que supón a falta dun control efectivo sobre estas augas, ¿non cre necesario a Comisión tomar medidas para a inmediata interrupción das verteduras incontroladas que veñen detectando, tanto de procedencia urbana como industrial?»
