novembro 6th, 2009 riadoburgo
A mobilización partirá ás 12 do mediodía da “Casa das Palmeiras” e percorrerá o paseo marítimo de Fonteculler
A Plataforma para a defensa da Ría do Burgo, convoca unha marcha o vindeiro domingo, 8 novembro, para exixir ás administracións galega e estatal o inicio de actuacións para a recuperación, limpeza e rexeneración deste espazo. A marcha, na que se agarda unha importante participación, partirá ás 12 do mediodía da Casa das Palmeiras e percorrerá o Paseo Marítimo de Fonteculler para comprobar o estado de contaminación da ría e os principais puntos nos que se producen vertidos.

A Plataforma para a defensa da Ría do Burgo vai retomar as mobilizacións para exixir a recuperación inmediata deste espazo, logo de que nin nos orzamentos xerais do Estado nin nos da Xunta de Galiza aparezan recollidas partidas económicas destinadas a actuacións de saneamento e rexeneración da Ría.
A Plataforma anima a toda a cidadanía a participar na marcha que terá lugar o vindeiro domingo, 8 de novembro, ás 12 da mañá, a través da que se quere amosar o estado de degradación da Ría e concienciar á poboación da importancia de recuperar este espazo.
Con esta mobilización Plataforma quere reclamar unha actuación firme na aplicación de sancións aos causantes directos e indirectos dos vertidos á Ría do Burgo, así como a finalización do proxecto integral de saneamento para eliminar os focos de contaminación que aínda existen nos concellos de A Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros. Neste senso resulta inconcibíbel que un núcleo de poboación como A Coruña e a súa comarca continúe sen ter un sistema de tratamento de augas residuais e os concellos aínda vertan directamente ao mar.
Plano de Rexeneración ambiental
Dende a Plataforma reclámase tamén a concreción dun Plano de rexeneración ambiental para limpeza integral da Ría do Burgo, co obxecto de recuperar esta área tanto para o lecer cidadá como para a recuperación dos bancos de marisco. Queremos lembrar que as augas da Ría continúan a estar clasificadas como Zona C, polo que os traballadores/as do mar non poden extraer marisco. Pedimos unha actuación inmediata porque se está pondo en perigo a existencia dos bancos marisqueiros e as garantías económicas de 140 familias que viven desta actividade.
Desde a Plataforma lamentamonos de que a día de hoxe aínda non se teñan tomado medidas para erradicar os vertidos, especialmente nun momento de crise económica como o actual, xa que as propias actuacións sobre a ría xerarían postos de traballo e posibilitarían converter esta zona nun foco de traballo moi produtivo tendo en conta a capacidade e o potencial para a explotación dos recursos marisqueiros que posúe a Ría, se estivese recuperada. A Ría do Burgo está nun nivel moi marxinal de aproveitamento das capacidades marisqueiras, cuxos recursos se verían incrementados coa eliminación dos focos de contaminación.
Non obstante, mentres isto non aconteza, dende a Plataforma defendemos a vixencia temporal indefinida dos actuais convenios subscritos entre a Consellaría do Mar e as agrupacións de marisqueo da Ría do Burgo.
Ao remate do acto de entrega das solicitudes, a delegación da Plataforma para a defensa da Ría do Burgo, concentrous diante do edificio Administrativo de Monelos.
Representantes da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo rexistraron o 27 de novembro un escrito no Edificio Administrativo de Monelos no que demandan entrevistarse co conselleiro de Medio Ambiente e cos alcaldes dos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.
Nestes escritos a a Plataforma indica que como resposta ás 17.000 sinaturas entregadas á Consellaría, esta, anunciou unha serie de actuacións en coordinación cos concellos afectados.
A dia de hoxe, máis alá da propaganda que fan as distintas administracións, non se comproban melloras na situación da Ría, ao contrario, a situación estase a agravar, como recentemente recoñeciu o Delegado Provincial da Consellaría na Coruña.
Do mesmo xeito descoñecense as dotacións orzamentarias destinadas pola Xunta e polos Concellos afectados para sanear a Ría, detectar, ou pór fin aos verquidos; ou se a Consellaría e os Concellos van realizar algunha acción coa partida orzamentaria de un millón de euros que se destinaron a estes fins nos Orzamentos Xerais do Estado.
ver o contido dos escritos en PDF
O pasado venres día 14 de novembro, celebrouse unha xuntanza entre os membros da Plataforma para a defensa da ría do Burgo.Nesta xuntanza informouse a todos os colectivos asistentes da aprobación polo Goberno do Estado, como parte do Acordo para o orzamento 2009 entre o BNG e o Goberno español de 1 millón de euros para a limpeza da Ría.
Expresouse a preocupación do conxunto da Plataforma por saber en que e como se van investir eses cartos, xa que a limpeza da Ría non é competencia do Estado, tal e como se indicou nunha xuntanza de traballo celebrada o pasado día 31 de outubro entre a mesa directora da plataforma para a defensa de a ria de O Burgo (representates veciñais Ramón Sixto e Angel Castro, sectretario comarcal da CIG Paulo Carril, patrón maior da Confraría Manuel Cao e a presidenta das mariscadoras de a pé Carmen Chans) e os portavoces do BNG no Congreso, o Parlamento Galego e a Deputación (Francisco Jorquera, Carlos Aymerich e Silvia Seixas).
Ademais acordouse continuar o traballo a fin de aumentar os membros da Plataforma; e solicitar unha entrevista co Conselleiro de Medio Ambiente e cos catro Alcaldes da Ria (A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo), ademais o día 27 de novembro ás 11`30 horas cando se rexistren oficialmente as solicitudes farase unha concentración simbólica diante do Edifico Administrativo de Monelos.
Ademáis disto, e tamén no aspecto reivindicativo a Plataforma decidiu iniciar unha campaña de concienciación cidadá mostrando, mediante fotografias, a realidade da ría a todos os cidadáns; e xa entrado o ano 2009 acordouse realizar novas mobilizacións de co obxectivo de que todos e cada un dos partidos políticos leven no seu programa a limpeza da ría de O Burgo nas vindeiras eleccións autonómicas
A Plataforma Para a Defensa da Ria do Burgo, celebrou o sábado pasado unha mobilización que saíu dende a casa das Palmeiras do Temple, e que percorreu a ponte do Burgo, pasando por diante da praza de Galicia, rematando na Praza de Europa, onde se leron manifestos por parte dos mariscadores de a pé (Carmen Chans), da confraría de Pescadores da Coruña (o patrón maior Manuel Cao), e das veciñas e vecños (o presidente da asociación "O Noso Burgo", Ramón Sixto).
Na convocatoria participaron máis de 30 colectivos diversos entre partidos
políticos, sindicatos, asociacións veciñais e ecoloxistas, segundo datos da organización xuntáronse perto de 2500 persoas, e a duración estimada foi dunha hora dende o inicio ata o final.
Na mensaxe que se lanzou ás autoridades esixiuse a eliminación total dos verquidos á ría do Burgo, pedíndose ademáis a retirado dos lodos e a rexeneración da ría para o cultivo de vibalvos, para o seu uso para a realización de deportes acuaticos e tamén para o disfrute do lecer.
A Plataforma xuntarase de novo para o mes de outubro ou novembro para analizar se nos orzamentos, tanto da Xunta de Galicia como do Goberno do Estado, hai unha partida destinada a estes fins, e se a situación segue do mesmo xeito continuarase con mobilizacións e outras medidas de presión ata acadar ao fino arranxo desta situación vergoñenta na que se atopa a nosa ría.
O deputado do BNG preguntaba sobre o grao de execución da partida de 1 millón de euros dos Orzamentos 2008 para o saneamento da Ría de O Burgo, pero o Goberno elude a resposta
Madrid, 11 Setembro 08. O Goberno vén de recoñecer nunha resposta por escrito ao portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, que tanto a EDAR de Bens como o seu emisario submariño sofren un retraso de máis dun ano xa que tiñan que estar listas a finais do presente ano 2008.
Retraso de máis dun ano sobre a última data prevista
O Goberno alega, na súa resposta ao deputado do BNG, que “a dificultade de atopar vertedoiros próximos e conseguir as autorizacións, ademáis dos terreos necesarios, supuxo un retraso próximo a un ano, polo que as obras se prolongarán até finais de 2009”.
O mesmo sucede co emisario submariño posto que o Executivo supedita a súa posta en marcha á posta en funcionamento da EDAR que dí “debería realizarse conxuntamente coa EDAR”.
Ao deputado do BNG chámanlle a atención os argumentos empregados polo Goberno para explicar a demora na execución desta importante infraestructura medioambiental posto que denota “certa falta de previsión”. O Executivo alega que na execución destas obras inflúen “peculiaridades do terreo, o réxime meteorolóxico e temporais, e os diversos elementos e mecanismos fabricados “ad hoc” por suministradores estranxeiros”. Jorquera considera que “o normal é ter en conta todos estes aspeitos á hora de planificar unha actuación destas características e realizar o proxecto construtivo” e tilda de “pouco serio que se veña anos máis tarde con estas excusas”.
Executou o Goberno o 1 millón de euros para Ría de O Burgo?
Froito da negociación que o BNG mantivo co Goberno para os Orzamentos a destinar a Galiza neste ano 2008, incluíse unha partida global de 8 millóns de euros para a limpeza, rexeneración e saneamento da Ría de O Burgo e dos ríos Ulla, Limia e Miño. Ademáis dunha partida específica para a Ría de O Burgo que ascendía a 1 milón de euros. Neste sentido, Jorquera pregunta polo grao de execución destas partidas, sobre todo a relativa á rexeneración da Ría de O Burgo.
O Goberno bota balóns fóra na execución desta partida
No que atinxe a este tema, “o Goberno limítase a botar balóns fóra e facer como se a cousa non fora con el cando sobre a mesa temos partidas estatais aprobadas pola Administración central”, afirma o deputado nacionalista.
O Executivo emprega o argumento de que se trata de Galiza costa, “concas xestionadas por Augas de Galiza polo que o Ministerio non é competente para afrontar estas actuacións mentras non sexan declaradas de interese xeral do Estado”. Sen esquecer, puntualiza Jorquera, que “é o mesmo Goberno quen ten a potestade de declarar de interese xeral as obras”.
Respeito a este problema, o Goberno bota mán das obras realizadas no 2007 para a ordenación hidráulica do río Mero que rematan na desembocadura da Ría de O Burgo, sinalando que no “primeiro semestre de 2008 se contrataron obras complementares para a recuperación ambiental nese tramo”, unhas actuacións no río Mero que se farán nesta ano e primeiro trimestre de 2009 e que teñen un orzamento de 490.270 euros.
O deputado do BNG tamén amosa a súa estraneza pola inicial alocución do Goberno sobre as competencias sobre augas residuais. “Nós fixemos unha pergunta circunscrita a dous temas básicos: EDAR de Bens e execución das partidas orzamentarias aprobadas para a rexeneración da Ría de O Burgo. A apreciación sobre as competencias locais en augas residuais é algo que o Goberno se podía aforrar porque estamos a falar de actuacións consignadas nos Orzamentos Xerais do Estado, e por tanto, que comprometen ao Goberno e se é necesario coordenar a máis Administracións o Goberno ten a obriga de tomar a iniciativa para dar cumprimento ás súas obrigas orzamentarias”.
Descarga a resposta do Goberno en PDF
NOTA INFORMATIVA DE “EU-IU” DE CAMBRE
O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre, denunciou mediante un escrito presentado no rexistro do concello e na garda Civil (SEPRONA), sobre os olores nauseabundos na Ria do Burgo, concentrados nas inmediacións da Ponte Vella na parroquia do Temple.
Veciñ@s da zona e persoas que con frecuencia acuden o lugar, manifestaban as suas protestas ante os olores insoportables, procedentes posiblemente de algún colector ou tubería, causando un profundo malestar na cidadanía, a parte das graves consecuencias ambientais sobre o marisqueo, a pesca e o turismo.
Iste feito, según manifestacións dos propios veciñ@s ven producindose nos últimos dias de unha maneira alternativa, concentrandose de un xeito especial e intensivo na zona mencionada. O voceiro de EU-IU no concello solicitou do goberno municipal, “se poñan en marcha os mecanismos oportunos que permitan investigar a procedencia” dos olores e posibles verquidos, para tomar as medidas legais necesarias contra dos responsables para correxir o problema e proceder a elaborar un expediente en caso de que fose sancionable. Esta circunstancia agudiza o mal estado da Ria que resulta xa de por sí cando menos preocupante.
Para EU-IU “urxe” tomar medidas ante este tipo de situacións perxudicias para o medio ambiente e á saúde, o problema agravase coa subida das temperaturas en ésta época do ano, facendo que a situación se convirta insoportable en moitos casos, dando unha imaxe negativa do noso concello e ós conseguintes perxuizos polo motivo exposto.
O anuncio de Bruxelas responde a unha demanda do eurodiputado de Esquerda Unida-IU, Willy Meyer, quen, a petición da organización comarcal coruñesa de EU-IU, reclamou en maio pasado ás autoridades europeas que se situasen ante «o lamentable estado» da ría da Coruña e O Burgo a causa as verteduras de augas residuais sen depurar dos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.
Cidadáns de A Coruña e da comarca secundaron a manifestación que o pasado 21 de xuño percorreu varias rúas céntricas da cidade en demanda da rexeneración da Ría do Burgo. A “Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo”, entidade organizadora da marcha, convoca unha nova manifestación para o 20 de setembro.
Paulo Carril, secretario comarcal da CIG, reclamou, ao termo da manifestación, un compromiso firme por parte dos gobernos autonómico e español para a recuperación da Ría, que se materialice a través dos próximos orzamentos con partidas económicas específicas a este respecto. Carril parabenizou as corporacións municipais da comarca, agás a de Oleiros, que aprobaron mocións de apoio ás demandas da Plataforma.
Carmen Chans, presidenta da Agrupación de Mariscadoras de a pé de A Coruña, e Manuel Cao, patrón maior da Confraría, foron os encargados de ler o manifesto da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo



O Pleno da Corporación municipal do Concello da Coruña ven de aprobar por unanimidade unha moción presentada conxuntamente polos tres grupos municipais do Concello, a instancias do BNG.
Esta moción o Pleno do Concello da Coruña manifesta o seu compromiso de continuar, en cooperación coa Xunta de Galicia e da Administración do Estado, as accións para conseguir a completa rexeneración e recuperación da ría do Burgo para o marisqueo e solidarízase coas demandas sociais encamiñadas a recuperar a ría.
Descarga en PDF a mocion adoptada polo Concello da Coruña
Na exposición de motivos, os tres grupos (BNG, PSOE e PP) recoñecen que a ría do Burgo ten sufrido nas últimas décadas as consecuencias ambientais dunha área metropolitana con unha alta densidade de población sumado a un entorno industrial e empresarial, sin tratamento e depuración das súas augas residuais, se ben recoñece que "nos últimos anos tense feito un esforzo técnico e orzamentario no control das augas, na canalización e principalmente no referido ao saneamento".
O Concello da Coruña recoñece que o saneamento da ría é unha prioridade municipal, tanto no que se refire á supresión das verteduras contaminantes como ao impulso á construción da EDAR de Bens .